OS AUSENTES
Cando aínda éramos nenos
e o calendario sinalaba as
festas agardadas
no noso íntimo e limitado
entorno,
erguíamos o ánimo na
encantación dos días
e modificábanse tódalas
vivencias.
Entón, íamos absorbendo
no bulicio da tarde
fumes de tabaco loiro
-Chesterfield e outros
nomes-
que ceibaban no calor de
Xullo
indianos de brancos traxes
de algodón
e garabatas repintadas.
Os zapatos novos,
aromáticos,
previsibelmente grandes,
reflexaban no seu brillo
inmaculado
o mesmo brillo de gozo que
en nós estralaba.
Rosca, pan, bizcoito,
símbolos de cada casa,
adoviados, aderezados,
mergullaban nas mentes
e anunciaban con brillo de
ledicia
breves días senlleiros de
ansias alampadas.
E a noite caía tibia,
coma un lume de estrelas,
sobre un ceo insolitamente
alumiado
baixo a preliminar
decoración da música
que enchía ás véas da
alma de melodías
que en nós permanecerán,
e xa por sempre.
Xosé Manuel López Ardeiro
Xosé Manuel López Ardeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario