viernes, 11 de febrero de 2022

PANDEMIA

 

                                                           (J.M.L.T.)

Estenderon as ás do medo polo ar e sentiron a ameaza da Parca no seu corpo, volveron ás ponlas das árbores espectantes para sair de cando en vez  comer un pouco, escoitando o berro dos corvos que chalaban cada vez que o xefe da bandaba aconsellaba polo perigo que volver a voar lles supoñía.

E alí quedaban día a día, mes a mes, e logo un ano coa espranza de volver a sentir o sol nas súas vidas e coidar os niños coas ás estendidas de novo sobre o vento.  Moitas delas quedaron mortas sobre a area mentres as ollaban con tristura dende as copas das árbores espidas.

Agora poden ver como de novo milleiros de estorniños voan xuntos en bandadas, xogando a facer figuras feiticeiras mentres a xente párase nas rúas a ollar o seu baile acompasado e fermoso, sen reparar en que só pretenden escorrentar aos miñatos coa súa arte, para marchar de novo a outros lugares onde o sol quente máis e voltar logo.

E as pombas xa pensan só en voar, cruzar o aire coa bandada bailando ao compás do cantalear das máis novas que gozan por sair outra vez sen trabas, elas soas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario